Camiño de Santiago

Os camiñantes e peregrinos e peregrinas que fan o camiño de Santiago, vindos de todo o mundo, teñen á súa disposición unha cantidade de posibilidades enorme para poder desfrutar das paisaxes, das comidas, dos lugares únicos, das vilas, das pequenas aldeias e de infinidade de servizos para maior gozo do traxecto como casas de turismo rural, albergues, campings, e como non, empresas que facilitan o transporte de todo iso que nos permitiu gañar a experiencia do Camiño.

As bicicletas no Camiño

Cada vez son máis as persoas que optan pola bicicleta para facer o Camiño de Santiago. Son moitas as vantaxes deste vehículo, entre outras, a velocidade que che permite recorrer máis quilómetros, é un vehículo lixeiro e manexábel, permiteche levar máis peso e podes levar o teu fillo, permiteche descansar mentres segues avanzando camiño durante as baixadas e chairas…

E claro, que é importante contar con un servizo de transporte acorde ás tuas necesidades. En SerFurgo oferecemosche o traslado da tua bicicleta para as diferentes ocasións nas que o requiras. Despois de toda a traxectoria coa bicicleta, nós aseguramos o correcto traslado de volta ao teu domicilio para que non teñas que estar preocupado.

Despois de toda a traxectoria coa bicicleta, nós aseguramos o correcto traslado de volta ao teu domicilio para que non teñas que estar preocupado.

5 consellos valiosos para o Camiño

  1. Antes de cada etapa dedica entre 10 e 15 minutos a exercicios de aquecimento e movilidade articular antes de comezar coa bicicleta.
  2. Alimentarse ben e beber é vital para a túa saúde e especialmente durante as xornadas do Camiño, a primeira comida que sexa forte en hidratos de carbono de orixe vexetal. Bebe frecuentemente durante todo o camiño. Alimentos como os frutos secos son moi úteis no camiño.
  3. Mantén a mente tranquila e desfruta o camiño, é importante despois dos esforzos e días agotadores manter a mente relaxada, é normal sentir por momentos que non se pode máis. Escuitar música, ler, e outras actividades poden axudarche a contrarrestar o esforzo físico.
  4. Estiramentos despois de cada etapa. Ao deixar a túa bicicleta é importante que estires a túa musculatura, as túas pernas seguro que cho agradecerán e descansarás mellor.
  5. Descansa. Dormir correctamente escollendo un espazo adecuado, nun albergue, hotel, ou camping. Asearse e descansar o corpo fará as seguintes xornadas máis levadeiras.